18 dic. 2014

POR TODO UN ANO DE LECTURAS... BO NADAL

CALENDARIO 2015

Este ano as recomendacións lectoras mandámolas en forma de calendario, para que quen o desexe poida imprimilas.
 E no 2015 seguiremos...
 Boas festas e mellor ano novo!


16 dic. 2014

MÁIS RECURSOS PARA O NADAL.

http://en.calameo.com/read/000476107a571155b4594

http://en.calameo.com/read/0004295847fa5af1395b5

http://atlasdossonhos.blogspot.com.es/2013/12/recursos-para-o-nadal.html

14 dic. 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS



O 1O de decembro é o Día internacional dos dereitos humanos.

Nesa data, o alumnado de sexto acudiu á biblioteca Ánxel Casal, para conmemoralo nun acto organizado polo Seminario permanente de educación pola paz. Representantes de diferentes asociacións, tamén políticas, elixiron para ler un dos dereitos que cada quen consideraba máis representativo, para ben ou para mal, dos nosos días.

A biblioteca do centro proporcionounos información para que a clase de 6º A fixera unha presentación do concepto de "dereitos humanos" e como se agrupan. Posteriormente, 6ºB realizou unha lectura do libro Wangari e as árbores da paz.

 E é que unha representante do sexo máis estigmatizado, unha muller, no continente máis pobre, empezou a reflexionar sobre a deforestación que sufría o seu país: un modo de vida se rompía, as mulleres tiñan que traballar aínda máis e a xente era cada vez máis pobre...

Como conseguiu esta muller que se respectaran os dereitos humanos en Kenia? Pois plantando árbores! Respectando o medio natural no que a súa xente, o seu grupo humano, naceu.




TRADICIÓN ORAL NA BIBLIOTECA


Na primeira semana de outubro fomos á biblioteca pública Ánxel Casal para participar na Maratón de tradición oral.

video
Estamos á espera de que nos envíen os vídeos, aínda que polo momento soamente temos o de primeiro.

En calquera caso, o martes 16 de decembro, o alumnado de 2º B presentará tamén unha pequena mostra de literatura oral coa que celebraremos o Nadal na biblioteca.

20 nov. 2014

OS CONTACONTOS DE 2º A



   O día 18 de novembro,  o público máis novo do colexio acudiu en familia a coñecer a historia dun lobo que o final convértese en vexetariano.
   A representación levada a cabo por contacontos de 2º A estaba baseada no libro Voy a comedte da editorial Kókinos.
   Unha nova experiencia para anivar á lectura, que continuará nos vindeiros meses.

 

17 oct. 2014

13 oct. 2014

A MOCHILA VIAXEIRA DÁ OS SEUS PRIMEIROS FROITOS.

  As mochilas viaxeiras empezaron xa a rular polas casas, e xa se poden ver algunhas das súas producións.

A partir de xaneiro, os de infantil empezarán a disfrutar delas...Pero haberá sorpresa!

12 oct. 2014

INICIAMOS UNHA NOVA ANDAINA.




O curso 2014-15 xa está en marcha, e no camiño que hai que percorrer, a biblioteca vai acompañarnos.

Polo de agora, as mochilas viaxeiras xa comezaron a súa viaxe familiar; a "Hora de ler" vén ser media hora de lectura obrigatoria cada día despois do recreo; as nenas e os nenos votaron polo lema para identificar o Proxecto deste ano escolar e no equipo de dinamización da biblioteca estamos escollendo o material para ambientar os corredores coa temática do noso Proxecto Documental Integrado, que tratará sobre as árbores e os bosques.

Pouco a pouco, o noso blog tamén se irá transformando. Ademais de ofrecer recursos para a comunidade educativa, e de ser un pequeno escaparate das nosas actividades, facilitará enlaces para que se traballe a educación emocional na familia. Proba diso é a selección de curtametraxes que se expoñen, e coas que se pode iniciar un interesante diálogo para entender, por exemplo, que se pode facer por amor, para aceptar as diferenzas, e para que se descubra a necesidade de colaboración entre todas e todos.

Claro que falando de colaboración, non podemos esquecer a axuda gastronómica que nos prestaron algunhas mamás e algúns papás para celebrar as Xornadas  interculturais do curso anterior. Mesmo houbo quen nos deixou as receitas para que intentaramos coñecer o mundo polos seus sabores.

Probamos a comezar? Bo proveito!



<div data-configid="11151162/9690308" style="width: 500px; height: 350px;" class="issuuembed"></div><script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>